Os consellos dun corvo

Publicado: Maio 4, 2012 en Uncategorized

Un corvo vello, antes de sacar os fillos do niño, dáballes algúns consellos, para que soubesen andar polo mundo evitando os  perigos. Dicíalles:

—Mirade, cando vexades vir un home, escapade, porque se vos colle pódevos matar. Se vedes que trae un pau furado, o que os homes chaman unha escopeta, escapade aínda que estea lonxe. Se vedes que se baixa para coller unha pedra, escapade tamén aínda que estea lonxe.

Nisto falou un dos corviños e preguntoulle ó pai:

—¿E se trae a pedra no peto?

E contestoulle o pai:

—Ti podes marchar, que xa sabes andar só polo mundo.

comentarios
  1. Diego di:

    Sempre que leo este conto non podo ocultar unha enorme risotada. Unha historia magnifica, a única bagoa é que non publiques máis.

    Cando te decidas a publicar a seguinte conta con un expectante lector.

Deixar un comentario